lunes, 11 de mayo de 2009

Equinoccio _ duas veces o ano


21 marzo 21 setembro

A cita, o 20 de marzo do 09 as 12 h _ primavera

Ese día tódolos puntos da terra reciben o mesmo número de horas de luz do sol (día ) e de sombra (noite).

O equinocio marca a variación mais rápida de horas de sol o ano, uns tres minutos de aumento en latitudes como a correspondente a Galicia.

Os días comezan a medrar ata o comezo do verán. As noites encollen.

O sol sitúase na vertical do ecuador comezando a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur.

As sementes saen do seu letargo, asomándose a luz e a calor. A terra preparase para frutificar no verán.

Bo momento para a natureza e sobre todo para deixar atrás tódalas aquelas cousas que nos axfisían do progreso.

_marzo_ moi afamado na cultura popular porque é unha época importante para calquer cultivo. Ademais do comezo da primavera e iso notase na literatura popular. Existen para este mes unha serie de ditos cunha clara mensaxe.
O que poda en marzo, vendima no regazo
Se en marzo no canta o cuco, nin en abril a bubela, e a rula non rulea, mala colleitase espera.
Marzo marzan pola mañá cariña de rosa,e pola tarde cara de can
Marzo enganador, un día malo e outro peor
Marzo chuvioso, verán caloroso

Coñecemento do planeta no que vivimos a esfera celeste. Delicadas relacións entre o universo, o clima, a paisaxe sobre o medio xeográfico no que desenvolvemos a nosa vida.

Dirixamos entón o noso telescopio cara o ceo e procuremos comprender a vida sobre a terra

No hay comentarios:

Publicar un comentario