martes, 12 de mayo de 2009

Saúde cultural



Cando temos unha experiencia plena, estamos no flow

Un sentimento de plenitude, de felicidade, que dase sobre todo cando facemos algo que concentra a nosa atención o máximo que saca de nos todo o noso talento.

O importante é que as tarefas onde xurde ese flow son aquelas nas que fas algo que ten senso, que implica os teus 5 sentidos, todo o teu cerebro.

Da igual o que sexa, dende escalar unha montaña ou xogar o axedrez ata coidar un amigo ou facer investigación científica.

Ahí está a felicidade.

Non no ocio, en non facer nada, senon en certas actividades de gran exisencia que obligannos a concentrarnos.

Por exemplo, vendo TV normalmente non se está en flow; leendo é bastante probable que si.

(Extraído do libro “Viaje a la felicidad” de Eduardo Punset)

CATARSIS: Purificación, liberación ou transformación interior suscitadas por unha experiencia vital profunda.

“…Vas a vivir a tua vida ata a morte
Esa é túa sorte
Pero non hai que durmirse, a realidade é encantadora
Escoita a tua voz
Súbete na alfombra
Súbete…”


(Extraído da canción… do grupo de BCN _ GO LEM SISTEM)

lunes, 11 de mayo de 2009

O galego patrimonio común


O movemento de recuperación e actualización da identidade galega ten unas raiceiras culturais moi fondas.

No S.XIX, coa instauración do estado moderno, homes da cultura mergulláronse en arquivos e nas aldeas do país, topando una cultura moi viva cuxa traxectoria ignoraban pero na que albiscaron un futuro.

Moitos consideramos a cultura o noso máximo sinal de identidade e, se cadra, o único chamado a permanecer por sempre nun mundo globalizado.

A lingua é, obviamente, a columna vertebral á que se cingue a hedra da cultura.

A lingua é o que é, un patrimonio común de todos: altos, baixos, gordos e fracos, louros e morenos, tolos e cordos, nacionalistas e non nacionalistas, de dereitas e de esquerdas.

E todos eles teñen a súa participación no mundo da escrita e a fala galega.

O galego é un código para que nos entendamos, soñemos e recreemos o mundo.

Naceu hai mil anos e viviu ato nós, Agora é a nosa responsabilidade proxectalo no futuro dos nosos fillos.

( Extraído do texto de Afonso Vázquez Monxardín do 4 xullo 2006)

Equinoccio _ duas veces o ano


21 marzo 21 setembro

A cita, o 20 de marzo do 09 as 12 h _ primavera

Ese día tódolos puntos da terra reciben o mesmo número de horas de luz do sol (día ) e de sombra (noite).

O equinocio marca a variación mais rápida de horas de sol o ano, uns tres minutos de aumento en latitudes como a correspondente a Galicia.

Os días comezan a medrar ata o comezo do verán. As noites encollen.

O sol sitúase na vertical do ecuador comezando a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur.

As sementes saen do seu letargo, asomándose a luz e a calor. A terra preparase para frutificar no verán.

Bo momento para a natureza e sobre todo para deixar atrás tódalas aquelas cousas que nos axfisían do progreso.

_marzo_ moi afamado na cultura popular porque é unha época importante para calquer cultivo. Ademais do comezo da primavera e iso notase na literatura popular. Existen para este mes unha serie de ditos cunha clara mensaxe.
O que poda en marzo, vendima no regazo
Se en marzo no canta o cuco, nin en abril a bubela, e a rula non rulea, mala colleitase espera.
Marzo marzan pola mañá cariña de rosa,e pola tarde cara de can
Marzo enganador, un día malo e outro peor
Marzo chuvioso, verán caloroso

Coñecemento do planeta no que vivimos a esfera celeste. Delicadas relacións entre o universo, o clima, a paisaxe sobre o medio xeográfico no que desenvolvemos a nosa vida.

Dirixamos entón o noso telescopio cara o ceo e procuremos comprender a vida sobre a terra

Redes sociais_comunidades de membros


Un fenómeno que cada día acapara mais atención dentro dos diferentes grupos de idades.


-Perfil
-Lista de contactos
-Fluxo de actividades e iniciativas
-Tablón de comentarios onde plasmar opinións ou publicidade



Blog­_fotoblog_videoblog_myspace­_flickart­_facebook_youtube

-Temáticos. Articulístas
-Creadores de opinion. Pensamento crítico
-Persoais, para grupos mais reducidos

Redes socias a carta, os internautas escollen as diferentes posibilidades que a rede lles facilita para comunicarse con individuos da mesma especie.

Músicos_ artistas gráficos_escritores_deportistas_creadores de opinión ou afeccionados a calquera cousa que poidades imaxinar atopan na rede un lugar onde compartir e atopar un camiño polo que transitar, para acadar o crecemento persoal.
Se reducen as sensacións coas que recibimos as obras creativas pero a rede funciona como catálogo ou guía de contactos e tendencias actualizada polos propios protagonistas.
Non pode ser sustituto da escoita da música en directo ou na tranquilidade da casa cos teus vinilos, nin deixar o marxe a visita a una exposición. Pero nos achega información a carta, abre amplamente as posibilidades de coñecemento e estimulación.

Abetedeorellas.com xestionada polo melómano Pepe Cunha ofrece información de primeira man do que se move polo país, apoia as diversas manifestacións culturais das que ten nova e procura ser un lugar de encontro para os que gustades de aproveitar o voso tempo de lecer.
“proxecto se afán de lucro abrertedeorellas rísese por criterios de independencia, respeta as opinións dos seus colaboradores e expón a información obtida directamente dos protagonistas, sen aceptar presións.”

breve currículo




MARÍA LÓPEZ GONZÁLEZ
mariafaltri@gmail.com
telf: 658.63.31.43
Pontedeume, 03-set-1977
DNI. 32.834.925-X

Definirse como persoa e como profesional ¡¡¡

Crecín nun berce ligado a cultura, herdeira dunha inquietude e empuxe para todo o relativo ao cultural que levoume dende pequena a introducirme nunha ampla variedade de actividades nas que buscaba sobre todo a relación coas persoas e a aprendizaxe de diferentes formas da arte.

Na actualidade son unha compoñente do grupo vocal Faltriqueira, onde comparto coas miñas compañeiras non so o gusto pola música tradicional e a curiosidade polos ritmos e melodías propias e doutras latitudes senón tamén polas novas tendencias. Acadando resultados mais que satisfactorios que nos permiten realizar a actividade dun xeito profesional dende hai xa 13 anos.

Rexento a Cantina do Atallo un espacio onde aqueles que se achegan comparten bos momentos cómplices dunha aposta pola sensibilidade. Onde non só se pode degustar a gastronomía autóctona senón tamén compartir ritmos e melodías.

E deste xeito pretendo plasmar o que é a miña personalidade e o meu facer.
Alguén que busca o seu camiño e o seu propio arte. Anfitriona nata, observadora do entorno.
maio 09

viernes, 8 de mayo de 2009


tentarei expresarme ¡¡