lunes, 11 de mayo de 2009

O galego patrimonio común


O movemento de recuperación e actualización da identidade galega ten unas raiceiras culturais moi fondas.

No S.XIX, coa instauración do estado moderno, homes da cultura mergulláronse en arquivos e nas aldeas do país, topando una cultura moi viva cuxa traxectoria ignoraban pero na que albiscaron un futuro.

Moitos consideramos a cultura o noso máximo sinal de identidade e, se cadra, o único chamado a permanecer por sempre nun mundo globalizado.

A lingua é, obviamente, a columna vertebral á que se cingue a hedra da cultura.

A lingua é o que é, un patrimonio común de todos: altos, baixos, gordos e fracos, louros e morenos, tolos e cordos, nacionalistas e non nacionalistas, de dereitas e de esquerdas.

E todos eles teñen a súa participación no mundo da escrita e a fala galega.

O galego é un código para que nos entendamos, soñemos e recreemos o mundo.

Naceu hai mil anos e viviu ato nós, Agora é a nosa responsabilidade proxectalo no futuro dos nosos fillos.

( Extraído do texto de Afonso Vázquez Monxardín do 4 xullo 2006)

2 comentarios:

  1. mmm....interesante, suxerente, divulgativo....
    parabéns!!!! parabéns!!!

    ResponderEliminar
  2. mmm ¡¡¡
    xusto o meu propósito ¡¡¡
    gracias.

    ResponderEliminar