lunes, 1 de junio de 2009

O día da Muiñeira


( faltriqueira as encargadas de facer o pregón )

Apenas cumpriamos os catro anos, cando xurdía formalmente Orballo.
Eran a nai de Carolina e a miña avoa Manolita as encargadas de asumir a primeira directiva, e como non podía ser doutro xeito, nós mesmas participabamos como bailarinas.
Eramos do grupo dos pequenos e bailabamos a danza dos ananos, esa que todos xuntos compartiremos hoxe.
Ana estaba no grupo das medianas, e máis tarde chegou Tere.
De alí a uns anos, a nosa profe Fifa se arrancou coas clases de pandeireta, e alí atopabamos o que mais nos gustaba, cantar!
A formación, a disciplina e experiencias que acadamos nos anos que vivimos dentro da familia de Orballo son as que hoxe nos axudan a camiñar no mundo profesional. Ó que lle chamamos ter tablas.

Os duros ensaios, as noites de bus, o cansazo dos pasarrúas e as responsabilidades de grupo trócanse en creatividade, viaxes , lugares, encontros e amizades.
A recompensa, o esceario. A cultura, o mellor pasaporte para poder coñecer o mundo.
A Música, a danza, a escritura, o deporte, só tes que atopar a túa aposta, ter paciencia e constancia e o demáis chega só.
Pero hoxe a protagonista é a muiñeira, ese ritmo que, chegado dos muíños, nos fai mover os pés e chiscar os dedos. Todos a un tempo pero cada un ó seu xeito, dende -abro -ó aire -xuntos ata o punto de volta máis intrépido, o importante é ter os brazos ben altos e o soriso ben grande.
Por esta vez repetimos tres veces, pois o día da muiñeira e só unha vez ó ano.
Logo o tradicional bocata e refresco. E ó chegar á casa, desprenderse dos refaixos. O ultimo pracer da xornada.
Non cabe dúbida, o ano que vén, máis e mellor.
Árdelle o eixo carballeira ¡¡¡

31 de maio do 2009

1 comentario: